Os nosos obxectivos

 D.O.A., S.C. nace no ano 2001 como unha agrupación de varios licenciados en Xeografía e Historia, coa especialidade en Arqueoloxía, para dar resposta profesional ás crecentes necesidades dentro do campo do Patrimonio Cultural.

Todos estes anos de práctica ininterrumpida foron aportándonos unha grande diversidade de experiencias, que temos aproveitado para ofrecer un servicio máis fluido e eficaz, levándonos tamén a ampliar a nosa gama de prestacións.

Traballamos tanto para particulares como para empresas, adaptándonos ás necesidades e circunstancias de cada obra, tratando sempre de buscar e ofrecer a solución que mellor se axuste a cada caso concreto.

O asesoramento previo e o trato directo co cliente son sempre a nosa primeira opción.

Sentido práctico e flexibilidade

Sabendo que a esixencia de levar a cabo un traballo arqueolóxico resulta moitas veces un elemento imprevisto para a empresa ou o particular, procuramos en todo momento que a súa posta en práctica resulte o menos lesiva posible para eles, ocupándonos personalmente de preparar a información adicional que se precise, facer as consultas oportunas nos organismos do sector e realizar as tramitacións que resulten necesarias.

De cara a evitar molestias ó cliente, mantemos a disposición absoluta a ser nós os que se trasladen ó lugar indicado por él, con total flexibilidade horaria e temporal, sen que eso supoña incremento económico algún. Atendemos tamén coas mesmas facilidades nas instalacións que mantemos no domicilio social da empresa.

Dentro do aspecto económico, e conscientes de que o apartado de arqueoloxía supón un incremento non previsto no presuposto inicial da obra, comprometémonos a buscar sempre a opción máis favorable para o cliente, de forma que lle sexa posible compatibilizar a posta en marcha do seu proxecto co cumplimento dos requisitos do Patrimonio, sen que eso implique un aumento disparatado -ás veces inasumible- dos costes programados.

Os numerosos clientes satisfeitos coas nosas actuacións son o mellor aval co que contamos, do que podemos aportar as referencias que o interesado necesite.

Dónde estamos:

Oficinas e Domicilio Social: Solláns 16, Baixo. 15866 TEO (A Coruña)

Información de contacto

Contacta con nós. Utiliza calquera destes medios:
  • OFICINA MÓBIL: 981 806244
  • MÓBIL: 630 753409 (Pilar)
  • MÓBIL: 626 102691 (Juan Carlos)
  • MAIL: doa@doaarqueologos.com

Aínda non estamos presentes nos medios sociais do panorama internáutico (preferimos adicar máis tempo a atenderte e traballar para os nosos clientes).

Localización

Onde estamos por se nos queres visitar

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos