DOA Arqueólogos

DOA SC nace no ano 2001 como unha agrupación de varios licenciados en Xeografía e Historia, coa especialidade en Arqueoloxía, para dar resposta profesional ás crecentes necesidades dentro do campo do Patrimonio Cultural.

Todos estes anos de práctica ininterrumpida foron aportándonos unha grande diversidade de experiencias, que agora aproveitamos para ofrecer un servicio máis fluido e eficaz, levándonos tamén a ampliar a nosa gama de prestacións.


SENTIDO PRÁCTICO

Sabendo que a esixencia de levar a cabo un traballo arqueolóxico resulta moitas veces un elemento imprevisto para a empresa ou o particular, procuramos en todo momento que a súa posta en práctica resulte o menos lesiva posible para eles, ocupándonos personalmente de preparar a información adicional que se precise, facer as consultas oportunas nos organismos do sector e realizar as tramitacións que resulten necesarias.

De cara a evitar molestias ó cliente, mantemos a disposición absoluta a ser nós os que se trasladen ó lugar indicado por él, con total flexibilidade horaria e temporal, sen que eso supoña incremento algún no aspecto económico. Atendemos tamén coas mesmas facilidades nas instalacións que mantemos no domicilio social da empresa.

Galería

Información de contacto

Contacta con nós. Utiliza calquera destes medios:

OFICINA MÓBIL: 981 806 244

MAIL: doa@doaarqueologos.com