DOA ARQUEÓLOGOS · GALICIA · DESDE 2001

Arqueólogos en Galicia para obras, estudos patrimoniais e control arqueolóxico

DOA Arqueólogos acompaña o seu proxecto desde a consulta inicial ata o informe final, garantindo o cumprimento normativo ante a Xunta de Galicia con rigor técnico e sensibilidade patrimonial.

+25

Anos en patrimonio cultural

2001

FUNDACIÓN EN GALICIA

4

provincias de actuación

PATRIMONIO E OBRA EN GALICIA

Necesitas un arqueólogo para unha obra?

En Galicia, a riqueza do patrimonio cultural fai que moitas obras —desde vivendas unifamiliares ata grandes infraestruturas— requiran supervisión arqueolóxica ou estudos de impacto patrimonial antes de comezar. Ignoralo pode paralizar un proxecto.

Tramitación con Patrimonio

Xestionamos todos os permisos e comunicacións coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia.

Estudos arqueolóxicos

Informes técnicos rigorosos, adaptados ás esixencias administrativas e aos prazos da súa obra.

Control de obra

Presenza continua durante a execución para garantir a protección do patrimonio e a viabilidade do proxecto.

Excavacións

Intervencións arqueolóxicas profesionais con metodoloxía científica e documentación exhaustiva.
 

SERVIZOS ARQUEOLÓXICOS

Servizos principais

Cubrimos todas as fases do proceso arqueolóxico vinculado a obras e patrimonio en Galicia.

Imaxes arqueolóxicas en Bendoiro

01

Control arqueolóxico de obra

Seguimento e documentación arqueolóxica durante os movementos de terra, con informes periódicos para a Administración.

Fotografía dunha obra arqueolóxica

02

Prospección arqueolóxica

Inspección sistemática do terreo para detectar xacementos ou bens culturais antes do inicio dunha obra ou estudo.

Imaxes arqueolóxicas da escavación en Vilalba

03

Escavacións arqueolóxicas

Intervencións en área ou en extensión con metodoloxía estratigráfica, rexistro fotográfico e memoria científica final.

Castro de Monte Aro (Mazaricos, A Coruña)

04

Estudos de impacto patrimonial

Avaliación do impacto potencial de proxectos sobre o patrimonio cultural, esixida pola Xunta en numerosas actuacións.

METODOLOXÍA

Como traballamos

Un proceso claro, ordenado e transparente, deseñado para minimizar os tempos de espera e maximizar a seguridade xurídica do seu proxecto.

01

Consulta e Análise

Avaliación inicial de necesidades e análises de viabilidade.

02

Tramitación

Xestión de toda a documentación e permisos necesarios.

03

Execución

Desenvolvemento e construción do proxecto segundo o planificado.

04

Informe Final

Entrega de resultados e documentación de peche do proxecto.

«En DOA coordinamos cada etapa co seu equipo técnico e coa Administración, para que a arqueolóxia non deteña a súa obra senón que a apoie con garantías.»

TRAXECTORIA

Máis de 20 anos traballando en patrimonio cultural en Galicia

DOA Arqueólogos naceu en 2001 cunha vocación clara: facer accesible a arqueoloxía profesional a promotores, construtoras e administracións. Dúas décadas de intervencións aválannos.

20

ANOS DE INTERVENCIÓNS

PROXECTOS REALIZADOS

Intervencións reais no patrimonio galego

Cada intervención queda documentada con rigor científico e comunicada con claridade ao cliente e á Administración competente.

CLIENTES

Sectores cos que traballamos

Asesoramos a todos os axentes que interveñen no ciclo de obra e do urbanismo en Galicia, así como a institucións e particulares con necesidades patrimoniais específicas

Constructoras

Control arqueolóxico en obra e xestión de incidencias ante Patrimonio durante a execución de proxectos.

Estudos de arquitectura

Colaboración técnica en proxectos que afectan a contornas protexidas ou bens de interese cultural.

Promotores

Asesoramento desde a fase de compra de chan para evitar sorpresas arqueolóxicas durante a obra.

Administracións públicas

Estudos patrimoniais e controis arqueolóxicos para obras de infraestrutura, urbanización e rehabilitación.

Particulares

Apoio personalizado a propietarios que deben tramitar permisos arqueolóxicos para reformas ou nova construción.

CONTACTO

Necesitas un arqueólogo para a túa obra?

Solicita asesoramento sen compromiso. Analizamos o teu proxecto, explicámoste que necesitas exactamente e encargámonos de todo o proceso con Patrimonio. Sen burocracia innecesaria, sen demoras evitables.

Scroll al inicio