Baseada no traballo directo en campo coa técnica da prospección superficial sobre o terreno, permite detectar todos aqueles aspectos do patrimonio cultural que poidan verse afectados en futuras obras, prevendo así as medidas a adoptar para paliar tales efectos.

Combina a busca documental e o traballo de campo, tendo como obxectivo a obtención dun completo inventario sobre todos aqueles bens, indicios e vestixios do patrimonio cultural (arqueoloxía, arquitectura civil e relixiosa, etnografía) presentes nunha determinada zona. A estructura básica presentáse con descripcións pomenorizadas, situación planimétrica e reportaxe fotográfica.

Cada vez son máis os casos onde a lexislación esixe a posta en práctica deste tipo de intervencións, baseada na presencia dun técnico arqueólogo en obra mentras duren os traballos de remoción de terras previstos. Prantéxase tamén coma un dos aspectos a incluir nos Plans de Seguimento e Vixiancia Ambiental dos grandes proxectos de infraestructuras.

A investigación do subsolo por procedemento manual e aplicando técnicas de rexistro e documentación específicas e axeitadas é a modalidade de traballo arqueolóxico que soe requerir maiores recursos humanos e materiais. A amplia experiencia da nosa empresa queda avalada polas numerosas intervencións deste tipo efectuadas ó longo de toda a nosa traxectoria.

Realizamos tamén estudios específicos para as diversas necesidades que se lle presentan ós nosos clientes, en base á nosa condición de técnicos especializados dentro do campo do patrimonio cultural. Soe tratarse de traballos de valoración e xeralmente non precisan dun traballo de campo específico, polo que non precisan tramitación administrativa previa.

Entendidas como valoración previa do terreno, esta modalidade de intervención é requerida sobre todo naquelas áreas con especial protección arqueolóxica: cascos antigos, lugares próximos a xacementos coñecidos ou onde se presume a existencia de vestixios, etc.

Moitos dos xacementos arqueolóxicos catalogados a día de hoxe están situados en parcelas con dedicación forestal. Os traballos de corta e/ou plantación pretendidos nesas áreas tópanse coa necesidade de ter que cumprir os requisitos de respecto e protección establecidos para estes elementos do patrimonio cultural.

En DOA realizamos calquera dos procedementos que dende a DXPC se soen esixir nestes casos: identificación do xacemento, balizado, ou control sobre a corta. Temos tamén a capacitación para realizar informes técnicos sobre xacementos mal situados, parcelas afectadas de forma errada ou axuda nos casos de denuncias anteriores.

Información de contacto

Contacta con nós. Utiliza calquera destes medios:

OFICINA MÓBIL: 981 806 244

MAIL: doa@doaarqueologos.com