DOA ARQUEÓLOGOS · OS NOSOS SERVIZOS

Servizos arqueolóxicos

Escavacións, control en obra, avaliacións de impacto cultural e máis.

QUE FACEMOS

OS NOSOS SERVIZOS

01

Avaliación do Impacto Cultural

Consiste no traballo directo en campo coa técnica de prospección artificial sobre o terreo.

Permite detectar aqueles aspectos do patrimonio cultural que poidan verse afectados en futuras obras, prevendo así as medidas para paliar tales efectos.

02

Catalogación Patrimonial

Combina a procura documental e o traballo de campo, tendo como obxectivo a obtención dun completo inventario sobre todos aqueles bens, indicios e vestixios do patrimonio cultural (arqueoloxía, arquitectura civil e relixiosa e etnografía) presentes nunha determinada zona.

A estrutura básica preséntase con descricións pormenorizadas, situación planimétrica e reportaxe fotográfica.

03

Control de obra

Cada vez son máis os casos nos que a lexislación esixe a posta en práctica deste tipo de intervencións, baseada na presenza dun técnico arqueólogo en obra mentres duren os traballos de remoción de terras previstos. Preséntase tamén coma un dos aspectos a incluir nos Plans de Seguimento e Vixilancia Ambiental dos grandes proxectos de infraestruturas.

04

Escavación

A investigación do subsolo por procedemento manual e aplicando técnicas de rexistro e documentación específicas e axeitadas é a modalidade de traballo arqueolóxico que adoita requerir maiores recursos humanos e materiais.

A ampla experiencia da nosa empresa queda avalada polas numerosas intervencións deste tipo efectuadas ó longo de toda a nosa traxectoria.

05

Informes técnicos

Realizamos tamén estudos específicos para as diversas necesidades que se lle presentan ós nosos clientes, en base á nosa condición de técnicos especializados dentro do campo do patrimonio cultural.

Adoitan tratarse de traballos de valoración e xeralmente non precisan dun traballo de campo específico, polo que non precisan tramitación administrativa previa.

06

Sondaxes e catas valorativas

Entendidas como valoración previa do terreo, esta modalidade de intervención é requirida sobre todo naquelas áreas con especial protección arqueolóxica: cascos antigos, lugares próximos a xacementos coñecidos ou onde se presume a existencia de vestixios, etc.

07

Arqueoloxía no Sector Forestal

Moitos dos xacementos arqueolóxicos catalogados na actualidade están situados en parcelas con dedicación forestal. Os traballos de corta e/ou plantación pretendidos nesas áreas tópanse coa necesidade de ter que cumprir os requisitos de respecto e protección establecidos para estes elementos do patrimonio cultural.

En DOA realizamos calquera dos procedementos que dende a DXPC se adoitan esixir nestes casos: identificación do xacemento, balizado, ou control sobre a corta. Temos tamén a capacitación para realizar informes técnicos sobre xacementos mal situados, parcelas afectadas de forma errada ou axuda nos casos de denuncias anteriores.

Scroll al inicio